Un sitio na rede mormente informativo, promovido polo CA21, cunha base de datos sobre os procesos electorais ao Parlamento Galego, desde 1981 até hoxe, e unha serie de enlaces de interese estatístico, social e político.

domingo, 1 de fevereiro de 2009

Resultados das Eleccións do 24 de Novembro de 1985



Votos % Deputados A Coruña Deputados Lugo Deputados Ourense Deputados Pontevedra TOTAL
Coalición Popular (AP-PDP-PL) (en Ourense en coalición con Centristas de Galicia) X. Fernández Albor 512.463 40,68 % 10 (AP,5 - PDP,4 - PL,1) 8 AP,5- PDP,1 PL,1 - ind.,1 7 AP,3- CdG,2 PDP,1- PL,1 9 AP,7- PDP,1 - PL,1 ----34---- AP 22 - PDP 7 PL 4 CdG 2 ind.1
P. dous Socialistas de Galicia - PSOE F. González Laxe 357.791 28,40 % 8 4 4 6 22
Coalición Galega P. Glez. Mariñas 162.461 12,89 % 2 3 4 2 11
P. Soc. Galego- Esquerda Galega Camilo Nogueira 71.331 5,66 % 1

2 3
Bloque Nacionalista Galego Xosé M. Beiras 52.535 4,17 % 1


1
Centro Democrático e Social
40.545 3,21 %




P. Comunista de Galicia (PCG-PCE)
10.635 0,84 %




P. Socialista dous Traballadores
9.362 0,74 %




P. Comunista de G. marxista revolucionário

8.262

0,65 %






Plataforma Humanista de Galicia

7.478

0,59 %






O logotipo indica o partido máis votado en cada circunscrición. Outras candidaturas: P.Galego do Campo 2.948 0,23% - Falanxe Española das JONS 2.677 0,21% - Movemento Comunista de G. 1.769 0,14% - PCGml 1.455 0,11% - Unidade Socialista Galega 1.315 0,10%

En decembro de 1985 Fernández Albor é investido Presidente grazas á abstención de Coalición Galega; cinco deputados de CG, encabezados por Pablo González Mariñas, discrepan desta decisión e pasan ao Grupo Mixto (sept 1986) fundan o P. Nacionalista Galego (febreiro 1987); - En 1986 o PDP abandona Coalición Popular; ao ano seguinte séguelle o P. Liberal; con todo, todos os seus deputados mantéñense no Grupo Popular (en 1989 os tres partidos fusiónanse no Partido Popular) - En outubro de 1986 Xosé Manuel Barreiro é destituído da Vicepresidencia da Xunta; Barreiro e 4 deputados máis abandonan AP e forman Unión Democrática Galega - En xuño de 1987 UDG intégrase en Coalición Galega - En xullo de 1987 un deputado de CG dimite, e o seu substituto opta por inscribirse no Grupo Popular. En novembro de 1987 González Laxe accede á Presidencia coa moción de censura apoiada por PSOE (22 deputados), CG-UDG (10), PNG (5) e PSG-EG (3), que obtén a mayoria absoluta co voto en contra de AP-PDP-PL (30) e a abstención de BNG (1) . En 1988 o PNG fusiónase co P.Galeguista Nazonalista dando lugar ao PNG-PG. En febreiro de 1988 o líder do PDP Alejandrino Fernández pasa do G.Popular ao de Coalición Galega. En 1988-89 dous do PSOE pásanse ao Grupo Mixto; tamén dous deputados do PNG-PG (Carlos Mella e Lois Cordeiro) deixan o partido e identifícanse como independentes.

Ao final de Lexislatura, a distribución dos Grupos era:


Deputados A Coruña Deputados Lugo Deputados Ourense Deputados Pontevedra TOTAL
PP-CdG 9 8 7 5 29
PSdG 8 4 3 5 20
CG 1 2 3 5 11
PNG-PG 2
1
3
PSG-EG 1

2 3
BNG 1


1
Mixto
nac.,1 soc.,1 soc.,1 nac.,1 4

Presidente: Xerardo Fernández Albor - desde novembro de 1987 Fernando González Laxe (Goberno de coalición PSOE, UDG-CG, PNG)

Vicepresidente: José Luís Barreiro - desde 1986 Mariano Rajoy - desde sept. 1987 José Luís Barreiro - desde xullo 1988 F. Javier Suárez Vence

Presidente do Parlamento: Antonio Rosón (indep. en listas de Coalición Popular) - falece en maio de 1986, substitúelle Tomás Pérez Vidal

_________________

Nenhum comentário:

Seguidores